Grupo de investigación do IES María Soliño
Xustificación do seminario
O seminario está composto por profesionais de tres departamentos (matemáticas, debuxo e ciencias) con ampla experiencia educativa que teñen no tema motivo do traballo (xeometría, arte e natureza) un punto en común nas súas respectivas programacións. Por motivos diversos moitas veces o intercambio de experiencias e coñecementos non é posible no transcorrer diario, principalmente por non ter un tempo e un espazo adicado a tal tarefa. Os seminarios permanentes brindan esta posibilidade de intercomunicación e posibilitan a ruptura natural das barreiras entre os distintos departamentos.
Por outra parte os compoñentes do seminario mostramos un especial interese pola especialización no campo da xeometría aplicada ó ensino, tratando de atopar o maior número de aplicacións teórico-prácticas e a súa difusión. Para este fin é primordial conxuntar os diferentes coñecementos e procurar levar ás aulas as estratexias de traballo previamente deseñadas.
Obxectivos
1.-Crear un clima interdisciplinar entre os departamentos de matemáticas, ciencias e artes que posibilite o intercambio de información e experiencias dende distintos puntos de vista.
2.-Investigar as posibilidades pedagóxicas da xeometría e a súa divulgación.
3.-Ampliar coñecementos a partir da búsqueda de documentación en distintos
medios.
4.-Adquirir outros puntos de vista para traballar o bloque da xeometría e poder motivar ó alumnado na relación e importancia de dito tema na vida cotiá.
⁃
5.-Desenrolar posibilidades teórico -prácticas no estudo da xeometría aplicada ás diferentes materias de arte.
6.-Analizar e investigar a importancia da xeometría nos seres vivos e na natureza.
7.-Mostrar e compartir as experiencias a través de blog e exposición.
Contidos
Os contidos foron repartidos en 10 sesións de 3 horas do seguinte xeito:
1.- Posta en común de documentación xeral sobre xeometría nas distintas materias. Coordinación e deseño de estratexias de traballo.
2.- Enfoque matemático : Poliedros. Sólidos platónicos.
3.- Enfoque matemático : Fractales. Os fractales na natureza. Fractales de Julia e Mandelbrot.
4.- Enfoque artístico : Xeometría e composición artística. Proporción.
5.- Enfoque artístico : Construción de pezas. Tensegridade.
6.- Enfoque biolóxico : Desenrolos xeométricos en formas biolóxicas I.
7.- Enfoque biolóxico : Desenrolos xeométricos en formas biolóxicas II.
8.- Posta en común de conclusións e experiencias .
9.- Deseño, construción e montaxe da exposición e blog.
10.- Deseño, construción e montaxe da exposición e blog.
Metodoloxía
-Empregarase unha metodoloxía activa na que o principio fundamental é o intercambio de coñecementos e experiencias.
-Intentarase en todo momento desenrolar novas estratexias de divulgación da xeometría, tan pouco traballada nos curriculums actuais.
-Para darlle un certo orde a esta presentación de propostas e información, cada departamento ten asignadas as dúas sesións de 3 horas onde fará unha exposición da súa aportación para posteriormente ser analizada polo conxunto dos integrantes do seminario permanente e empregada no traballo do grupo.
-Haberá unha revisión global de tódolos temas tratados e as actividades derivadas.
-Finalmente farase unha exposición con todo o material que se faga ó longo do curso e asemade un blog no que poidan participar tanto os compañeiros coma o alumnado.
Organización de recursos humanos e materiais
Dado que o IES María Soliño imparte o bacharelato de artes, conta cunha infraestrutura ideal para desenrolar este seminario permanente pensando que entre os obxectivos temos o de facer unha exposición final. Nas primeiras sesións as reunións serán no departamento e o profesorado contará con diversos medios para mostrar as súas propostas: encerado, canón de proxección, portátiles,etc.
Chegada a preparación da exposición o centro conta con aulas e unha àgora dotadas de espazo e material suficiente para a realización da mostra.
Criterios e procesos de avaliación
⁃ Análise e valoración das producións do grupo.
⁃ Aplicación e repercusión do proxecto na práctica educativa.
⁃ Metodoloxía empregada.
⁃ Grado de satisfacción do grupo co traballo realizado.
⁃ Organización e recursos humanos e materiais.
⁃ Reflexións realizadas, logros e incidencia do proxecto.
⁃ Propostas de mellora e, no seu caso, a continuidade do traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario